A Unidade Móbil de Axudas coas Reclamacións (UMAR) estará no Hospital da Costa o martes 7 de xuño

O dispositivo móbil colocarase na entrada principal no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.


A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase novamente ata a entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 7 de xuño en horario de 11 a 13 horas. O dispositivo móbil axudará a redactar e rexistrar reclamacións por agardas excesivas na realización de probas diagnósticas, en citacións para consultas ou en intervencións , a todas as persoas que se acheguen ata alí .

Desde o colectivo sanitario animamos a todas aquelas persoas que se atopen nestas situacións para que fagan efectiva a súa reclamación, constatando así as eivas que están a sufrir os servizos sanitarios públicos de xeito oficial e dando a oportunidade á dirección do centro e á administración sanitaria para corrixir estas situacións, pois “na maioría dos casos trátase de agardas que superan con moito os tempos aceptables de atraso , obxectivándose a situación límite na que se atopan moitos servizos “- comentan desde o colectivo sanitario.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here